Convocatoria do programa eduemprende Actúa 2016-2017
A quen vai destinado?
Alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia de:
- Segundo curso de ciclos formativos de grado medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
- Bacharelato que estean a cursar "Economía".
Cando se vai desenvolver a actividade?
- Do 15 de novembro de 2016 ata 16 de marzo de 2017.
- Listaxe de centros educativos participantes por provincias. Premendo na provincia atopará os centros, localidades e datas de celebración:
- A Coruña
-
Centro educativo Data Hora IES Leixa (Ferrol) 17/11/2016 12:00 - 13:30 CIFP Compostela (Santiago de Compostela) 29/11/2016 09:00 - 11:00 CIFP Politécnico de Santiago 29/11/2016 12:00 - 13:30 CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) 15/12/2016 09:20 - 11:00 IES de Fene 15/12/2016 12:00 - 13:30 IES As Mariñas (Betanzos) 12/01/2017 09:00 - 10:30 CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) 12/01/2017 09:30 - 11:00 IES Universidade Laboral (Culleredo) 07/02/2017 09:00 - 10:30 CIFP Ánxel Casal-Monte Alto (A Coruña) 07/02/2017 12:00 - 13:30 IES Xulián Magariños (Negreira) 23/02/2017 09:30 - 11:00 EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela) 23/02/2017 12:00 - 13:30 IES Agra de Raíces (Cee) 02/03/2017 12:30 - 14:00 IES Félix Muriel (Rianxo) 16/03/2017 09:30 - 11:00 - Lugo
-
Centro educativo Data Hora CIFP As Mercedes (Lugo) 09/02/2017 09:30 - 11:00 CIFP Politécnico de Lugo 09/02/2017 12:00 - 13:30 - Ourense
-
Centro educativo Data Hora CIFP A Farixa (Ourense) 31/01/2017 09:30 - 11:00 CIFP Portovello (Ourense) 31/01/2017 12:00 - 13:30 IES Chamoso Lamas (O Carballiño) 02/02/2017 09:30 - 11:00 CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel 02/02/2017 12:00 - 13:30 - Pontevedra
-
Centro educativo Data Hora IES Macías O Namorado (Padrón) 01/12/2016 09:00 - 10:30 IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) 01/12/2016 12:00 - 13:30 IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña) 13/12/2016 09:00 - 10:30 Colegio Hogar Afundación (Vigo) 13/12/2016 12:00 - 13:30 CIFP Manuel Antonio (Vigo) 20/12/2016 09:30 - 11:00 CIFP A Granxa (Ponteareas) 10/01/2017 09:30 - 11:00 IES Ricardo Mella (Vigo) 10/01/2017 12:30 - 14:00 IES de Rodeira (Cangas) 17/01/2017 09:30 - 11:00 CIFP A Xunqueira (Pontevedra) 17/01/2017 12:30 - 14:00 IES Montecelo (Pontevedra) 19/01/2017 09:30 - 11:00 IES Chan do Monte (Marín) 19/01/2017 12:00 - 13:30 CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) 24/01/2017 10:00 - 13:30 EFAG A Cancela (As Neves) 26/01/2017 09:30 - 11:00 IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) 26/01/2017 12:30 - 14:00 IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa) 14/02/2017 09:30 - 11:00 IES Ribeira do Louro (O Porriño) 21/02/2017 12:30 - 14:00 IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa) 07/03/2017 12:00 - 13:30 IES Marco do Camballón (Vila de Cruces) 09/03/2017 12:00 - 13:30
Como se vai desenvolver?
- Fase 1: Achegamento á actividade emprendedora.
O profesorado realiza unha sesión na aula para presentar e reflexionar sobre a actividade que se vai desenvolver na fase 2.
O profesorado debe enviar ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es o Anexo II coa información relativa a esta actividade desenvolvida na aula. - Fase 2: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.
Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s. - Fase 3: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións.
O profesorado participante enviará ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es a ficha de recollida de datos que figura como Anexo III.
A actividade na Fase 2 ten unha duración aproximada de 90 minutos e desenvolverase no salón de actos do centro:
- Participación de persoal técnico do IGAPE. Presentará e coordinará a actividade, contestanto ás cuestións, dúbidas e inquedanzas que o alumnado asistente formule. Favorécese a participación activa do alumnado.
- Presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s que compartan co alumnado a súa experiencia persoal (como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou...).
- Debate final. Estas persoas participarán nun debate compartindo os distintos puntos de vista, lanzando preguntas entre eles para afondar naqueles aspectos que poidan interesar máis ao alumnado e provocando a participación deste respondendo ás cuestións ou preguntas que suxiran.
Solicitude
As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, co seguinte asunto: PROGRAMA EDUEMPRENDE ACTÚA .
Na ficha de solicitude (Anexo I) deben figurar os seguintes datos.
- Denominación do centro.
- Persoa de contacto.
- Teléfono de contacto.
- Data de preferencia.
- Enderezo electrónico de contacto.
- Grupos de alumnado participante.
Selección dos centros
Os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude no enderezo sinalado e a adecuación das preferencias á dispoñibilidade do persoal técnico do IGAPE.
Etiquetas: