MQUI02
MQUI02 - Operacións de laboratorio
Que se aprende a facer?
Realizar tomas de mostras, ensaios de materiais, análises fisicoquímicas, químicas e biolóxicas, aplicando procedementos normalizados e mantendo operativos os equipamentos e as instalacións de servizos auxiliares, consonte as normas de calidade e prevención de riscos laborais, e de protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas e laboratorios de diversos sectores onde cumpra tomar mostras, realizar ensaios físicos, fisicoquímicos, químicos e microbiolóxicos, e manter operativos os equipamentos e as instalacións auxiliares que se orienten ao control de calidade. Os principais sectores en que pode desenvolver a súa actividade son: industria química, nas áreas de almacén e laboratorio de control de calidade; outras industrias que requiran procesos fisicoquímicos, como son a agroalimentaria, farmacéutica, de construción, metalúrxica, mecánica, electrónica, téxtil, transformadora de plásticos e caucho, etc; laboratorios en xeral, de organismos públicos ou de empresas privadas.
Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar, operador/ora ou técnico/a de laboratorios de química, industrias químicas, industrias alimentarias, sector ambiental, industria transformadora, in-dustria farmacéutica, materias primas e produto acabado, control e recepción de materias, centros de formación e investigación, control de calidade de ma-teriais, metalurxia e galvanotecnia, ensaios de produtos de fabricación mecánica e microbioloxía alimentaria, ambiental, farmacéutica e de augas; operador/ora de mantemento de servizos auxiliares, equipamento e almacén; mostreador/ora e participante en ensaios de campo.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1257 | Almacenamento e distribución no laboratorio | 80 | 3 | |
1º | MP1258 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1250 | Mostraxe e operacións unitarias de laboratorio | 213 | 8 | |
1º | MP1251 | Probas fisicoquímicas | 187 | 7 | |
1º | MP1249 | Química aplicada | 240 | 9 | |
1º | MP1253 | Seguridade e organización no laboratorio | 133 | 5 | |
2º | MP1259 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1256 | Ensaios de materiais | 123 | 7 | |
2º | MP1260 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP1255 | Operacións de análise química | 156 | 9 | |
2º | MP0116 | Principios de mantemento electromecánico | 105 | 6 | |
2º | MP1252 | Servizos auxiliares no laboratorio | 70 | 4 | |
2º | MP1254 | Técnicas básicas de microbioloxía e bioquímica | 123 | 7 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).