MELE01
MELE01 - Instalacións eléctricas e automáticas
Que se aprende a facer?
Montar e manter infraestruturas de telecomunicación en edificios, instalacións eléctricas de baixa tensión, máquinas eléctricas e sistemas automatizados, conforme a normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo medio.
En que ámbitos se traballa?
En pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Instalador/ora mantedor/ora electricista. Electricista de construción. Electricista industrial. Electricista de mantemento. Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos. Instalador/ora mantedor/ora de antenas. Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas. Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos e instalacións de telefonía. Montador de instalacións de enerxía solar fotovoltaica.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0232 | Automatismos industriais | 213 | 8 | |
1º | MP0233 | Electrónica | 107 | 4 | |
1º | MP0234 | Electrotecnia | 213 | 8 | |
1º | MP0241 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0235 | Instalacións eléctricas interiores | 320 | 12 | |
2º | MP0242 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0243 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0237 | Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios | 123 | 7 | |
2º | MP0236 | Instalacións de distribución | 155 | 9 | |
2º | MP0238 | Instalacións domóticas | 123 | 7 | |
2º | MP0239 | Instalacións solares fotovoltaicas | 53 | 3 | |
2º | MP0240 | Máquinas eléctricas | 123 | 7 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Betanzos | 15001148 | IES As Mariñas | 881880254 |
Coruña, A | 15005269 | IES Urbano Lugrís | 881960715 |
Culleredo | 15005749 | CIFP Universidade Laboral | 881960820 |
Padrón | 15023090 | IES Macías o Namorado | 881866760 |
Santiago de Compostela | 15015767 | CIFP Politécnico de Santiago | 881867601 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ribadeo | 27020793 | CIFP Porta da Auga | 982128894 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vilagarcía de Arousa | 36013771 | CIFP Fontecarmoa | 886151956 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).