Innovart 2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional organiza "InnovArt'25: artísticas, deportivas e idiomas", que terá lugar os días 6 e 7 de febreiro na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase dun evento que aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia.

O horario de apertura será o xoves 6 de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, e o venres 7 de 10.00 a 14.00.

 

Confluencia de ensinanzas artísticas, ensinanzas de idiomas e ensinanzas deportivas

Contarase cunha zona de 4.100 m2, distribuída nos andares -1 e 0 do Museo Centro Gaiás, na que as persoas asistentes poderán participar en:

mostra e exhibición das distintas ensinanzas
 
obradoiros de artes plásticas e deseño
 
traballos de conservación e restauración de bens culturais
 
actividades didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas
 
actividades deportivas
 
espazos escénicos con actuacións en directo

 

Un gran evento de promoción das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas en Galicia

Trátase dunha excelente ocasión para coñecer o potencial das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia, xa que se contará con material expositivo e actividades interactivas de: arte dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música. Haberá tamén concertos, conferencias e espectáculos escénicos.

O acceso a estes espazos ten carácter totalmente gratuíto.