Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Deseñar, impartir e avaliar o ensino dirixido á educación e á formación viaria, incluíndo a relativa á convivencia cos distintos modos de transporte e o seu uso en condicións de seguridade e sustentabilidade ambiental, así como á mobilidade nas vías públicas, incluíndo a relativa á convivencia cos distintos modos de transporte e o seu uso en condicións de seguridade, formando e sensibilizando aspirantes á obtención do permiso ou a licenza de condución, a condutores e condutoras e, en xeral, a calquera persoa usuaria da vía, educando en valores de seguridade viaria e sustentabilidade ambiental do transporte e instruíndo en prevención de accidentes viarios laborais e en mobilidade sustentable e segura.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñen este título exercen a súa actividade en pequenas, medianas e grandes empresas dedicadas á formación de condutores e condutoras para a obtención das autorizacións administrativas para conducir e, en xeral, á formación para a seguridade viaria. Tamén poderán exercer funcións relacionadas coa educación viaria, a seguridade viaria laboral e a mobilidade segura e sustentable, en entidades públicas e privadas.

Que ocupacións se desempeñan?
Profesor/a de formación viaria
Director/a de escolas de condutores/as
Formador/a de cursos de sensibilización e reeducación viaria
Formador/a de cursos de mercadorías perigosas
Director/a de centros de formación de mercadorías perigosas
Educador/a en programas ou actividades de educación viaria en centros educativos, centros de maiores, concellos, asociacións, empresas, e administracións de ámbito estatal, autonómico ou local
Asesor/a de seguridade viaria laboral en entidades públicas e privadas
Asesor/a en plans de mobilidade en entidades públicas e privadas
Docente en seguridade viaria
Monitor/a de cursos de condución segura
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1658 Didáctica da formación para a seguridade viaria 107
MP1656 Educación viaria 160
MP1661 Formación e orientación laboral 107
MPI025 Lingua estranxeira profesional I 53
MP1657 Seguridade viaria 187
MP1654 Tecnoloxía básica do automóbil 53
MP1651 Tráfico, circulación de vehículos e transporte por estrada 213
MP1653 Técnicas de condución 80
MP1655 Didáctica do ensino práctico da condución 279
MP1662 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1663 Formación en centros de traballo 384
MPI026 Lingua estranxeira profesional II 53
MP1659 Mobilidade segura e sustentable 105
MP1652 Organización da formación das persoas condutoras 87
MP0020 Primeiros auxilios 53
MP1660 Proxecto de formación para a mobilidade segura e sustentable 26
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Formación para a mobilidade segura e sustentable

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Ferrol