Folletos Web Ciclo
Programar, desenvolver e avaliar intervencións relacionadas coa promoción da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, aplicando estratexias e técnicas do ámbito da intervención social, detectando situacións de risco de discriminación por razón de sexo e potenciando a participación social das mulleres.
No ámbito público e privado, no sector da prestación de servizos de igualdade de xénero, en diferentes institucións e entidades que prestan servizos de carácter económico e comunitario orientados á igualdade efectiva de mulleres e homes: asociacións, fundacións, institucións, sindicatos, empresas, consultoras, servizos municipais, organismos de igualdade, centros comunitarios, etc.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP1128 | Desenvolvemento comunitario | 107 |
1º | MP1408 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP1401 | Información e comunicación con perspectiva de xénero | 213 |
1º | MP0344 | Metodoloxía da intervención social | 133 |
1º | MP1403 | Promoción do emprego feminino | 213 |
1º | MP1404 | Ámbitos de intervención para a promoción de igualdade | 187 |
2º | MP1409 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP1410 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0017 | Habilidades sociais | 123 |
2º | MP1406 | Intervención socioeducativa para a igualdade | 105 |
2º | MP1405 | Participación social das mulleres | 105 |
2º | MP1402 | Prevención da violencia de xénero | 191 |
2º | MP0020 | Primeiros auxilios | 53 |
2º | MP1407 | Proxecto de promoción de igualdade de xénero | 26 |
Título de Técnico superior en Promoción de igualdade de xénero
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.