Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Desenvolver intervencións de mediación comunicativa para persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva, que sexan usuarias da lingua de signos española, ou con dificultades de comunicación, linguaxe e fala; así como programas de promoción das persoas xordas e xordocegas usuarias da lingua de signos española, e de sensibilización social, respectando a idiosincrasia das persoas usuarias.

En que ámbitos se traballa?

No sector dos servizos ás persoas xordas, xordocegas, con discapacidade auditiva e con dificultades de comunicación que sexan usuarias da lingua de signos española. Estes servizos recollen os ámbitos asistenciais, educativos, sociolaborais, psicosociais e de apoio nas xestións básicas. Tamén exercen a súa actividade no sector dos servizos á comunidade, nos ám-bitos da dinamización comunitaria e na promoción de igualdade de oportunidades con estes colectivos de persoas.

Que ocupacións se desempeñan?
Axente de desenvolvemento da comunidade xorda
Técnico/a en promoción
Atención e formación a persoas xordas
Axente dinamizador/ora da comunidade xorda
Mediador/ora social da comunidade xorda
Axente de desenvolvemento da comunidade xordocega
Axente dinamizador da comunidade xordocega
Mediador de persoas xordocegas
Asistente de persoas xordocegas
Mediador de persoas con dificultades de comunicación
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1114 Contexto da mediación comunicativa con persoas xordocegas 160
MP1120 Formación e orientación laboral 107
MP1113 Intervención socioeducativa con persoas xordocegas 133
MP1115 Lingua de signos 240
MP1111 Metodoloxía da integración social das persoas con dificultades de comunicación, linguaxe e fala 80
MP1112 Sensibilización social e participación 80
MP1118 Técnicas de intervención comunicativa 160
MP1121 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1122 Formación en centros de traballo 384
MP0017 Habilidades sociais 123
MP1117 Intervención con persoas con dificultades de comunicación 87
MP0020 Primeiros auxilios 53
MP1119 Proxecto de mediación en comunicación 26
MP0343 Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación 139
MP1116 Ámbitos de aplicación da lingua de signos 175
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Mediación comunicativa

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña