Folletos Web Ciclo
Programar, organizar, pór en práctica e avaliar as intervencións de integración social aplicando estratexias e técnicas específicas, promovendo a igualdade de oportunidades, con actitude de respecto cara ás persoas destinatarias e garantindo a creación de ámbitos seguros, tanto para profesionais como para as persoas des-tinatarias.
No sector dos servizos ás persoas (de tipo asistencial, educativo, de apoio na xestión doméstica e psicosocial) e no de servizos á comunidade (atención psicosocial a colectivos e persoas en desvantaxe social, mediación comunitaria, inserción ocupacional e laboral, promoción de igualdade de oportunidades e defensa dos dereitos das vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e as súas fillas).
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0339 | Atención ás unidades de convivencia | 161 |
1º | MP0337 | Contexto da intervención social | 133 |
1º | MP0346 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0338 | Inserción sociolaboral | 213 |
1º | MP0344 | Metodoloxía da intervención social | 133 |
1º | MP0342 | Promoción da autonomía persoal | 213 |
2º | MP0341 | Apoio á intervención educativa | 123 |
2º | MP0347 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0348 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0017 | Habilidades sociais | 123 |
2º | MP0340 | Mediación comunitaria | 139 |
2º | MP0020 | Primeiros auxilios | 53 |
2º | MP0345 | Proxecto de integración social | 26 |
2º | MP0343 | Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación | 139 |
Título de Técnico superior en Integración social
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.