Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, consonte a proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.

En que ámbitos se traballa?

No sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.

Que ocupacións se desempeñan?
Educador/a infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre baixo a supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e privadas
Educador/a en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar, seguindo as directrices doutros profesionais
Educador/a en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0015 Desenvolvemento cognitivo e motor 213
MP0011 Didáctica da educación infantil 240
MP0014 Expresión e comunicación 213
MP0021 Formación e orientación laboral 107
MP0013 O xogo infantil e a súa metodoloxía 187
MP0012 Autonomía persoal e saúde infantil 155
MP0016 Desenvolvemento socioafectivo 123
MP0022 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0023 Formación en centros de traballo 384
MP0017 Habilidades sociais 123
MP0018 Intervención con familias e atención a menores en risco social 123
MP0020 Primeiros auxilios 53
MP0019 Proxecto de atención á infancia 26
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Educación infantil

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Santiago de Compostela
Ourense
Pontevedra
Pontevedra
Redondela