Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Vixiar e controlar os efectos sobre a saúde dos factores de risco ambiental e alimentario, participar na posta en marcha e no desenvolvemento de sistemas de xestión ambiental e intervir en programas de educación para a saúde pública e comunitaria, baixo a supervisión, de ser o caso, do/da superior responsable, de acordo cos protocolos establecidos, respectando a normativa de referencia, e en condicións de calidade e seguridade.

En que ámbitos se traballa?

No ámbito sanitario dentro da área da saúde pública ou privada, en sectores produtivos potencialmente contaminadores e na administración estatal, autonómica e local en servizos relacionados coa saúde e/ou o ambiente. Poden formar parte de equipos de inspección sanitaria, de laboratorios de análises, centros de investigación, centros universitarios, explotacións agrarias e empresas de servizos de control ambiental.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en xestión ambiental
Coordinador/a de sistemas de xestión ambiental
Programador/a de actividades ambientais
Documentalista ambiental
Técnico/a de control sanitario (alimentos, augas, atmosfera, residuos)
Técnico/a de control de contaminación atmosférica
Técnico/a de control de contaminación acústica
Técnico/a de control de organismos nocivos
Técnico/a en control de pragas no medio urbano e na contorna natural asociada
Comercial de información de produtos biocidas e fitosanitarios
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1548 Control de augas 319
MP1553 Control de organismos nocivo 160
MP1549 Control de residuos 107
MP1547 Educación para a saúde e o ambiente 107
MP1556 Formación e orientación laboral 107
MPI009 Lingua estranxeira profesional I 53
MP1546 Sistemas de xestión ambiental 107
MP1552 Contaminación ambiental e atmosférica 140
MP1551 Control e seguridade alimentaria 192
MP1557 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1558 Formación en centros de traballo 384
MPI010 Lingua estranxeira profesional II 53
MP1555 Proxecto de química e saúde ambiental 26
MP1550 Saúde e riscos do medio construído 105
MP1554 Unidade de saúde ambiental 87
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Química e saúde ambiental

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Lugo