Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Organizar e controlar as operacións das plantas de proceso químico e de coxeración de enerxía e servizos auxiliares asociados, supervisando e asegurando o seu funcionamento, as postas en marcha e as paradas, e verificando as condicións establecidas de seguridade, de calidade e ambientais.

En que ámbitos se traballa?

No sector químico nas áreas de produción de plantas químicas, de coxeración de enerxía e de servizos auxiliares.

Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de planta química
Encargado/a de operacións de máquinas para fabricar, transformar e acondicionar produtos químicos
Supervisor/ora de área de produción de enerxía
Supervisor/ora de área de servizos auxiliares
Supervisor/ora de refinarías de petróleo e gas natural
Xefe/a de equipo en instalacións de tratamento químico
Xefe/a de equipo en almacéns en industrias químicas
Xefe/a de parque de tanques en industrias químicas
Xefe/a de zona de recepción e expedición de materias e produtos químicos
Supervisor/ora de sistemas de control
Supervisor/ora de cuarto de control
Supervisor/ora de área en plantas de química de transformación
Supervisor/ora de área de acondicionamento
Responsable de formulación
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0193 Acondicionamento e almacenaxe de produtos químicos 107
MP0196 Formación e orientación laboral 107
MP0192 Formulación e preparación de mesturas 107
MP0191 Mantemento electromecánico en industrias de proceso 133
MP0188 Operacións básicas na industria química 266
MP0194 Prevención de riscos en industrias químicas 80
MP0186 Transporte de sólidos e fluídos 160
MP0197 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0198 Formación en centros de traballo 384
MP0185 Organización e xestión en industrias químicas 70
MP0195 Proxecto de industrias de proceso químico 26
MP0189 Reactores químicos 140
MP0190 Regulación e control de proceso químico 210
MP0187 Xeración e recuperación de enerxía 157
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Química industrial

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Coruña, A