Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Deseñar mobles e elementos de carpintaría, xestionar a súa produción e a súa instalación, e participar no mantemento dos sistemas de calidade, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

En que ámbitos se traballa?

No sector da produción e a instalación de carpintaría e moble, en pequenas, medianas egrandes empresas, por conta allea ou por conta propia, desenvolvendo funcións de deseño técnico, supervisión da produción, fabricación automatizada, execución de proxectos de amoblamento e montaxe de instalacións.

Que ocupacións se desempeñan?
Debuxante proxectista de mobles
Técnico/a en desenvolvemento de produtos de carpintaría e mobles
Proxectista de carpintaría e moble
Xerente de empresas de madeira,moble e outras manufacturas
Técnico/a de control de calidade en industrias de madeira e cortiza
Encargado/a de oficina técnica
Xefe/a de fabricación
Controlador/ora de produción
Xefe/a de sección
Xefe/a de equipo
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0987 Automatización en carpintaría e moble 187
MP0983 Fabricación en carpintaría e moble 213
MP0992 Formación e orientación laboral 107
MP0982 Procesos en industrias de carpintaría e moble 133
MP0984 Representación en carpintaría e moblaxe 213
MP0990 Xestión da produción en carpintaría e moble 107
MP0986 Desenvolvemento de produto en carpintaría e moble 175
MP0989 Deseño de carpintaría e moble 140
MP0993 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0994 Formación en centros de traballo 384
MP0988 Instalacións de carpintaría e moblaxe 105
MP0985 Prototipos en carpintaría e moble 157
MP0991 Proxecto de deseño e amoblamento 26
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Deseño e amoblamento

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia