Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar proxectos fotográficos completos, captar, rexistrar e tratar imaxes en producións audiovisuais, e iluminar espazos escénicos en audiovisuais, espectáculos e eventos,determinando e controlando a calidade técnica, formal e expresiva.

En que ámbitos se traballa?

No ámbito da captación, rexistro de imaxes e iluminación en produtoras de cine e vídeo, e en emisoras de televisión, así como en empresas dedicadas á iluminación espectacular en calquera clase de espectáculos e eventos, e tamén en empresas dedicadas á elaboración,a xeración e o tratamento dixital de imaxes fotográficas.

Que ocupacións se desempeñan?
Cámara de cine, vídeo e televisión
Axudante de cámara
Cámara de eng
Iluminador/ora de televisión
Axudante de iluminación
Responsable de iluminación en espectáculos envivo
Luminotécnico/a de espectáculos en vivo
Técnico/a de mesas de control de iluminación en espectáculos
Fotógrafo/a
Foto fixa
Reporteiro gráfico
Retocador/ora fotográfico/a dixital
Supervisor/ora de sistemas dixitais e vectoriais de imaxe
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1162 Control da iluminación 133
MP1169 Formación e orientación laboral 107
MP1161 Luminotecnia 213
MP1158 Planificación de cámara en audiovisuais 133
MP1159 Toma de imaxe audiovisual 187
MP1164 Toma fotográfica 187
MP1170 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1171 Formación en centros de traballo 384
MP1167 Gravación e edición de reportaxes audiovisuais 140
MP1166 Procesos finais fotográficos 70
MP1168 Proxecto de iluminación, captación e tratamento de imaxe 26
MP1160 Proxectos de iluminación 105
MP1163 Proxectos fotográficos 122
MP1165 Tratamento fotográfico dixital 140
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Iluminación, captación e tratamento de imaxe

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Coruña, A