Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Definir, planificar e supervisar a instalación, a captación, a gravación, o control, a emisión, a posprodución e a reprodución do son en audiovisuais, radio, industria discográfica, espectáculos, eventos e instalacións fixas de sonorización, controlando e asegurando acalidade técnica e formal.

En que ámbitos se traballa?

No sector audiovisual, radiofónico, discográfico, do espectáculo, de eventos e de instalación de estruturas fixas e efémeras de sonorización en recintos acoutados.

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de son de cine
Audiovisuais e espectáculos
Técnico/a de son de cine eaudiovisuais
Técnico/a de son directo
Técnico/a de gravación musical
Técnico/a de gravación de son en estudio
Técnico/a de son para pa ("public address")
Técnico/a de monitores de son
Técnico/a de sistemas de son
Técnico/a de son en sistemas sen fíos
Técnico/a en sistemas de microfonía
Especialista de son
Montador/ora e editor/ora de son
Mesturador/ora e masterizador/ora de son
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1104 Comunicación e expresión sonora 133
MP1103 Electroacústica 133
MP1106 Formación e orientación laboral 107
MP1097 Instalacións de son 213
MP1096 Planificación de proxectos de son 107
MP1098 Son para audiovisuais 267
MP1101 Axustes de sistemas de sonorización 87
MP1099 Control de son en directo 140
MP1107 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1108 Formación en centros de traballo 384
MP1100 Gravación en estudio 175
MP1102 Posprodución de son 175
MP1105 Proxecto de son para audiovisuais e espectáculos 26
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Son para audiovisuais e espectáculos

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Coruña, A
Lugo