Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Planificar, organizar, supervisar e xestionar os recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para a produción de audiovisuais, espectáculos e eventos, asegurando o cumprimento dos plans ou obxectivos da produción, no tempo e nas condicións de custo e calidade establecidas.

En que ámbitos se traballa?

Sector da produción de calquera tipo de programas audiovisuais (cine, vídeo, multimedia, televisión, radio e novos medios), así como produción de espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos).

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de produción de cine
Axudante de produción de vídeo
Axudante de produción de televisión
Axudante de produción de animación
Axudante de produción de multimedia
Axudante de produción de radio
Xefe/a de produción de espectáculos en vivo e eventos
Axudante de produción de espectáculos en vivo e eventos
Xerente de compañía
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0923 Formación e orientación laboral 107
MP0910 Medios técnicos audiovisuais e escénicos 187
MP0915 Planificación de proxectos audiovisuais 266
MP0918 Planificación de proxectos de espectáculos e eventos 213
MP0920 Recursos expresivos audiovisuais e escénicos 187
MP0921 Administración e promoción de audiovisuais e espectáculos 175
MP0924 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0925 Formación en centros de traballo 384
MP0922 Proxecto de produción de audiovisuais e espectáculos 26
MP0916 Xestión de proxectos de cine, vídeo e multimedia 157
MP0919 Xestión de proxectos de espectáculos e eventos 105
MP0917 Xestión de proxectos de televisión e radio 140
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Produción de audiovisuais e espectáculos

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Coruña, A