Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Planificar, xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento das instalacións térmicas e de fluídos en edificios e procesos industriais, de acordo cos regulamentos e as normas establecidas, e seguindo os protocolos de calidade, seguridade, prevención de riscos laborais e respecto ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Nas industrias de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores de climatización (calefacción, refrixeración e ventilación) e produción de auga quente sanitaria, no sector industrial e no sector de edificación e obra civil.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións térmicas e de fluídos
Xefe/a de equipo de montaxe de redes e sistemas de distribución de fluídos
Xefe/a de mantemento
Técnico/a de frío industrial
Frigorista
Técnico/a de climatización e ventilación-extracción
Técnico/a de redes e sistemas de distribución de fluídos
Técnico/a de instalacións caloríficas
Instalador/ora de calefacción e aqs
Mantedor de calefacción e aqs
Técnico/a de mantemento de instalacións auxiliares á produción
Supervisor/ora de montaxe de instalacións térmicas
Xefe/a de equipo de mantemento de instalacións calor
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0124 Enerxías renovables e eficiencia enerxética 80
MP0121 Equipamentos e instalacións térmicas 213
MP0138 Formación e orientación laboral 107
MP0122 Procesos de montaxe de instalacións 213
MP0123 Representación gráfica de instalacións 160
MP0120 Sistemas eléctricos e automáticos 187
MP0134 Configuración de instalacións térmicas e de fluídos 192
MP0139 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0140 Formación en centros de traballo 384
MP0136 Mantemento de instalacións caloríficas e de fluídos 140
MP0135 Mantemento de instalacións frigoríficas e de climatización 140
MP0137 Proxecto de mantemento de instalacións térmicas e de fluídos 26
MP0133 Xestión da montaxe, da calidade e o mantemento 105
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia