Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar e manter aplicacións web, con independencia do modelo empregado e utilizando tecnoloxías específicas, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de accesibilidade, usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0484 | Bases de datos | 187 |
1º | MP0487 | Contornos de desenvolvemento | 107 |
1º | MP0617 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0373 | Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
1º | MP0485 | Programación | 240 |
1º | MP0483 | Sistemas informáticos | 186 |
2º | MP0612 | Desenvolvemento web en contorno cliente | 157 |
2º | MP0613 | Desenvolvemento web en contorno servidor | 175 |
2º | MP0615 | Deseño de interfaces web | 157 |
2º | MP0614 | Despregamento de aplicacións web | 88 |
2º | MP0618 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0619 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0616 | Proxecto de desenvolvemento de aplicacións web | 26 |
Título de Técnico superior en Desenvolvemento de aplicacións web
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.