Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas multiplataforma, utilizando tecnoloxías e contornos de desenvolvemento específicos, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.

En que ámbitos se traballa?

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento; aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.

Que ocupacións se desempeñan?
Programador/a de aplicacións móbiles
Programador/a de aplicacións de escritorio
Desenvolvedor/ora de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio
Desenvolvedor/ora de aplicacións de propósito xeral
Desenvolvedor/ora de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0484 Bases de datos 187
MP0487 Contornos de desenvolvemento 107
MP0493 Formación e orientación laboral 107
MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133
MP0485 Programación 240
MP0483 Sistemas informáticos 186
MP0486 Acceso a datos 157
MP0488 Desenvolvemento de interfaces 140
MP0494 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0495 Formación en centros de traballo 384
MP0490 Programación de servizos e procesos 70
MP0489 Programación multimedia e dispositivos móbiles 123
MP0492 Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma 26
MP0491 Sistemas de xestión empresarial 87
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Pontevedra
Vigo
P
D