Folletos Web Ciclo
Configurar, administrar e manter sistemas informáticos, garantindo a funcionalidade e a integridade dos recursos e dos servizos do sistema, coa calidade esixida e conforme a regulamentación.
Na área de informática de entidades e empresas que dispoñan de sistemas para a xestión de datos e infraestrutura de redes (intranet, internet e/ou extranet).
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0380 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0371 | Fundamentos de hardware | 107 |
1º | MP0369 | Implantación de sistemas operativos | 213 |
1º | MP0373 | Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
1º | MP0370 | Planificación e administración de redes | 213 |
1º | MP0372 | Xestión de bases de datos | 187 |
2º | MP0374 | Administración de sistemas operativos | 140 |
2º | MP0377 | Administración de sistemas xestores de bases de datos | 70 |
2º | MP0381 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0382 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0376 | Implantación de aplicacións web | 122 |
2º | MP0379 | Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede | 26 |
2º | MP0378 | Seguridade e alta dispoñibilidade | 105 |
2º | MP0375 | Servizos de rede e internet | 140 |
Título de Técnico superior en Administración de sistemas informáticos en rede
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.