Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo en cociña, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, a produción e o servizo, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría e, en concreto, do subsector de restauración. Poden actuar en pequenos establecementos, en moitas ocasións como propietario ou propietaria e responsable de cociña simultaneamente. Malia desenvolver habitualmente a súa actividade profesional en establecementos de carácter privado, tamén pode desenvolvela en establecementos públicos, nomeadamente nos sectores educativo, sanitario e de servizos sociais. Cando non actúan por conta propia, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección do establecemento, sexa este un hotel ou sexa outro tipo de aloxamento ou establecemento de restauración.

Que ocupacións se desempeñan?
Director/ora de alimentos e bebidas
Director/ora de cociña
Xefe/a de produción en cociña
Xefe/a de cociña
Segundo/a xefe/a de cociña
Xefe/a de operacións de cátering
Xefe/a de partida
Cociñeiro/a
Encargado de economato e adega
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0496 Control do aprovisionamento de materias primas 53
MP0506 Formación e orientación laboral 107
MP0502 Gastronomía e nutrición 53
MP0179 Inglés profesional 160
MP0499 Procesos de elaboración culinaria 267
MP0497 Procesos de preelaboración e conservación en cociña 240
MP0501 Xestión da calidade e da seguridade e hixiene alimentarias 80
MP0498 Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña 210
MP0507 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0508 Formación en centros de traballo 384
MP0505 Proxecto de dirección de cociña 26
MP0504 Recursos humanos e dirección de equipos en restauración 53
MP0503 Xestión administrativa e comercial en restauración 70
MP0500 Xestión da produción en cociña 244
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Dirección de cociña

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Santiago de Compostela
Lugo
Foz
Pontevedra