Folletos Web Ciclo
Manter e reparar equipamentos e sistemas electrónicos, profesionais, industriais e de consumo, así como planificar e organizar os procesos de mantemento, con criterios de calidade, aplicando a normativa e os plans de prevención de riscos laborais e ambientais.
Empresas do sector servizos, tanto privadas como públicas, dedicadas ao mantemento e a reparación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións, sistemas microprocesados,redes de banda larga, telemática e radiocomunicacións, así como equipamentos industriais e profesionais de audio e vídeo, por conta propia ou allea.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP1051 | Circuitos electrónicos analóxicos | 240 |
1º | MP1052 | Equipamentos microprogramables | 266 |
1º | MP1061 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP1055 | Mantemento de equipamentos de electrónica industrial | 160 |
1º | MP1058 | Técnicas e procesos de montaxe e mantemento de equipamentos electrónicos | 187 |
2º | MP1062 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP1063 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP1059 | Infraestruturas e desenvolvemento do mantemento electrónico | 70 |
2º | MP1056 | Mantemento de equipamentos de audio | 105 |
2º | MP1053 | Mantemento de equipamentos de radiocomunicacións | 140 |
2º | MP1054 | Mantemento de equipamentos de voz e datos | 140 |
2º | MP1057 | Mantemento de equipamentos de vídeo | 122 |
2º | MP1060 | Proxecto de mantemento electrónico | 26 |
Título de Técnico superior en Mantemento electrónico
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.