Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en desenvolver proxectos e en xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento de instalacións electrotécnicas no ámbito do regulamento electrotécnico para baixa tensión (REBT). Tamén consiste en supervisar o mantemento de instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións, a partir da documentación técnica, especificacións, normativa e procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade, e a conservación ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Este profesional exerce a súa actividade en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, á xestión e á supervisión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas no ámbito de edificios e con fins especiais, á instalación de sistemas domóticos e inmóticos, a infraestruturas de telecomunicación en edificios, a redes eléctricas de baixa e a sistemas automatizados, tanto por conta propia como por conta allea.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en proxectos electrotécnicos
Proxectista electrotécnico/a
Proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para vivendas e edificios
Proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para locais especiais
Proxectista de instalacións de iluminación exterior
Proxectista de liñas eléctricas de distribución de enerxía eléctrica en media tensión e centros de transformación
Proxectista en instalacións de antenas e de telefonía para vivendas e edificios
Coordinador/ora técnico/a de instalacións electrotécnicas de baixa tensión para os edificios
Técnico/a de supervisión, verificación e control de equipamentos e instalacións electrotécnicas e automatizadas
Técnico/a supervisor/ora de instalacións de iluminación exterior
Capataz de obras en instalacións electrotécnicas
Xefe/a de equipo de instalación de baixa tensión para edificios
Coordinador técnico de redes eléctricas de baixa tensión e iluminación exterior
Técnico/a en supervisión, verificación e control de equipamentos en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior
Capataz de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior
Encargado/a de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior
Xefe/a de equipo de instalación en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior
Xestor/ora do mantemento de instalacións eléctricas de distribución e iluminación exterior
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0527 Formación e orientación laboral 107
MP0517 Procesos en instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións 187
MP0520 Sistemas e circuítos eléctricos 213
MP0521 Técnicas e procesos en instalacións domóticas e automáticas 213
MP0518 Técnicas e procesos en instalacións eléctricas 240
MP0523 Configuración de instalacións domóticas e automáticas 140
MP0524 Configuración de instalacións eléctricas 140
MP0522 Desenvolvemento de redes eléctricas e centros de transformación 122
MP0519 Documentación técnica en instalacións eléctricas 105
MP0528 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0529 Formación en centros de traballo 384
MP0526 Proxecto de sistemas electrotécnicos e automatizados 26
MP0602 Xestión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas 70
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Sistemas electrotécnicos e automatizados

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia