Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Asistir a dirección e outros departamentos nas actividades de organización, representación da entidade e funcións administrativa e documental, así como xestionar a información e a comunicación interna e externa, e realizar outras tarefas por delegación, utilizando, en caso necesario, a lingua inglesa e/ou outra lingua estranxeira, aplicando a normativa e os protocolos de xestión de calidade que aseguren a satisfacción da clientela ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Ao lado de un ou máis membros directivos ou executivos, ou ben dun equipo de traballo (departamento, proxecto, grupo, etc.) nun contexto de crecente internacionalización. Ten un papel basicamente interpersoal, organizativo e administrativo, que pode desenvolverse en calquera tipo de organización (empresas nacionais ou internacionais, asociacións, axencias gobernamentais, entidades do sector público ou privado, domésticas ou internacionais), que dan cabida a este tipo de profesional. A denominación dos seus postos varía substancialmente dependendo dos costumes profesionais de cada sector, a maior ou menor cualificación esixida polo tipo de traballo, a importancia relativa das actividades que se desempeñan por delegación e o grao de responsabilidade que se lle outorga. Tomando en conta o seu papel específico de apoio a un superior ou grupo de traballo, o persoal asistente de dirección traballa habitualmente por conta allea e actúa só ou formando parte da estrutura dun equipo, e de xeito independente total ou parcialmente.

Que ocupacións se desempeñan?
Asistente á dirección
Asistente persoal
Secretario/a de dirección
Asistente de despachos e oficinas
Asistente xurídico/a
Asistente en departamentos de recursos humanos
Administrativo/a na administración e en organismos públicos
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0651 Comunicación e atención á clientela 160
MP0665 Formación e orientación laboral 107
MP0179 Inglés profesional 160
MP0649 Ofimática e proceso da información 240
MP0650 Proceso integral da actividade comercial 133
MP0648 Recursos humanos e responsabilidade social corporativa 80
MP0647 Xestión da documentación xurídica e empresarial 80
MP0667 Formación en centros de traballo 384
MP0662 Organización de eventos empresariais 158
MP0661 Protocolo empresarial 158
MP0664 Proxecto de asistencia á dirección 26
MP0180 Segunda lingua estranxeira 157
MP0663 Xestión avanzada da información 157
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Asistencia á dirección

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Santiago de Compostela
Lugo
Pontevedra