Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Permite participar na prevención, na protección colectiva e na protección persoal mediante o establecemento ou a adaptación de medidas de control e correctoras, para evitar ou diminuír os riscos ata niveis aceptables, co fin de conseguir a mellora da seguridade e da saúde no medio profesional, de acordo coas normas establecidas.

En que ámbitos se traballa?

Seguridade e organización, prevención, hixiene industrial e análise e control de riscos.

Que ocupacións se desempeñan?
Prevencionista
Coordinador/a de prevención
Técnico/a de prevención
Técnico/a ou xefe/a de seguridade e hixiene
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
CS0598 Emerxencias 160
CSHC80 Horas á disposición do centro 80
CS0595 Prevención de riscos derivados da organización e a carga de traballo 215
CS0593 Riscos físicos ambientais 160
CS0596 Tecnoloxías da información e a comunicación na empresa 130
CS0597 Xestión da prevención 215
CS0FOL Formación e orientación laboral 55
CS0628 Formación en centros de traballo 380
CS0629 Lingua estranxeira (inglés) 130
CS0627 Proxecto integrado 70
CS0RCT Relacións no contorno de traballo 55
CS0592 Riscos derivados das condicións de seguridade 185
CS0594 Riscos químicos e biolóxicos ambientais 165
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Prevención de riscos profesionais

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia