Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Asistir na dispensación e na elaboración de produtos farmacéuticos e afíns, e realizar a venda de produtos parafarmacéuticos, fomentando a promoción da saúde e executando tarefas administrativas e de control de almacén, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En establecementos de venda de produtos farmacéuticos, parafarmacéuticos e, en xeral, produtos relacionados coa saúde humana ou animal, así como coa cosmética, a fitoterapia e outros. Do mesmo xeito, pode exercer a súa actividade en pequenos laboratorios de elaboración de produtos farmacéuticos e afíns.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en farmacia
Técnico/a auxiliar de farmacia
Técnico/a de almacén de medicamentos
Técnico/a en farmacia hospitalaria
Técnico/a en establecementos de parafarmacia
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0061 Anatomofisioloxía e patoloxía básicas 107
MP0101 Dispensación de produtos farmacéuticos 213
MP0099 Disposición e venda de produtos 107
MP0106 Formación e orientación laboral 107
MP0104 Formulación maxistral 187
MP0103 Operacións básicas de laboratorio 239
MP0102 Dispensación de produtos parafarmacéuticos 210
MP0107 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0108 Formación en centros de traballo 410
MP0100 Oficina de farmacia 157
MP0020 Primeiros auxilios 53
MP0105 Promoción da saúde 157
Que título se obtén?

Título de Técnico en Farmacia e parafarmacia

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Pontevedra
Pontevedra
Redondela