Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en montar e manter instalacións caloríficas, solares térmicas e de fluídos aplicando a normativa e protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais establecidos, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.

En que ámbitos se traballa?

Este profesional exerce a súa actividade nas industrias de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores de calefacción, instalacións solares térmicas para a produción de auga quente sanitaria e gases no sector industrial e no sector de edificación e obra civil.

Que ocupacións se desempeñan?
Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos de produción de calor
Instalador/ora mantedor/ora de instalacións de calefacción e aqs
Instalador/ora mantedor/ora de instalacións solares térmicas
Instalador/ora mantedor/ora de instalacións de auga
Instalador/ora mantedor/ora de instalacións de gas e combustibles líquidos
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0266 Configuración de instalacións caloríficas 107
MP0394 Formación e orientación laboral 107
MP0038 Instalacións eléctricas e automatismos 266
MP0036 Máquinas e equipamentos térmicos 240
MP0037 Técnicas de montaxe de instalacións 240
MP0395 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0396 Formación en centros de traballo 410
MP0302 Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas 192
MP0310 Montaxe e mantemento de instalacións de auga 175
MP0392 Montaxe e mantemento de instalacións de enerxía solar 87
MP0393 Montaxe e mantemento de instalacións de gas e combustibles líquidos 123
Que título se obtén?

Título de Técnico en Instalacións de produción de calor

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia