Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en montar e manter instalacións frigoríficas, de climatización e de ventilación aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais establecidos, de xeito que se asegure a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.

En que ámbitos se traballa?

Este profesional exerce a súa actividade nas empresas de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores do frío comercial, do frío industrial e da climatización, tanto no sector de edificación e obra civil como no industrial.

Que ocupacións se desempeñan?
Instalador/ora frigorista en instalacións comerciais
Mantedor/ora frigorista en instalacións comerciais
Instalador/ora frigorista en procesos industriais
Mantedor/ora frigorista en procesos industriais
Instalador/ora ou montador/ora de equipamentos de climatización, ventilación e extracción, redes de distribución e equipamentos terminais
Mantedor/ora ou reparador/ora de equipamentos de climatización, ventilación e extracción, redes de distribución e equipamentos terminais
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0039 Configuración de instalacións de frío e climatización 107
MP0043 Formación e orientación laboral 107
MP0038 Instalacións eléctricas e automatismos 266
MP0036 Máquinas e equipamentos térmicos 240
MP0037 Técnicas de montaxe de instalacións 240
MP0044 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0244 Formación en centros de traballo 410
MP0040 Montaxe e mantemento de equipamentos de refrixeración comercial 157
MP0042 Montaxe e mantemento de instalacións de climatización, ventilación e extracción 210
MP0041 Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas industriais 210
Que título se obtén?

Título de Técnico en Instalacións frigoríficas e de climatización

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia