Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Organizar e executar os acabamentos de construción en obra nova, reforma e rehabilitación, realizando chans, particións e teitos, mediante a instalación de paneis ou pezas prefabricadas, a colocación de placas ou láminas, a aplicación de revestimentos continuos e a pintura de superficies, cumprindo as condicións e os prazos establecidos,así como as prescricións de calidade, de seguridade e ambientais.

En que ámbitos se traballa?

Sector da construción, en pequenas, medianas e grandes empresas construtoras, e en Administracións públicas, por conta allea ou propia, desenvolvendo traballos de obras de interior e decoración para a construción, a rehabilitación, o mantemento e a reforma en edificación e obra civil.

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipo de revestimentos con pastas e morteiros
Xefe/a de equipamento e/ouencargado/a de azulexadores/as e solladores/as
Xefe/a de equipo de instaladores/as de sistemas prefabricados de xeso laminado ou falsos teitos
Xefe/a de equipo e/ouencargado/a de pintores/as e empapeladores/as
Aplicador/ora de revestimentos continuos de fachadas
Revocador/ora de construción
Alicatador/ora sollador/ora
Instalador/ora de placa de xeso laminado
Instalador/ora de falsos teitos
Xunteiro/a de placa de xeso laminado
Colocador/ora de prefabricados lixeiros en construción
Colocador/ora de pavimentos lixeiros, en xeral
Colocador/ora de moqueta
Instalador/ora de pavimentos elevados rexistrables
Instalador/ora de sistemas de anteparos e paneis técnicos
Pintor/ora e/ou empapelador/ora
Pintor/ora de interiores
Pintor/ora decorador/ora de interiores
Pintor/ora de obra
Pintor/ora de fachadas de edificación
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1196 Anteparos e chans técnicos 107
MP0995 Construción 133
MP1201 Formación e orientación laboral 107
MP0996 Interpretación de planos de construción 107
MP1195 Particións prefabricadas 187
MP1194 Revestimentos continuos 187
MP1197 Teitos suspendidos 132
MP1202 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1203 Formación en centros de traballo 410
MP1200 Organización de traballos de interior, decoración e rehabilitación 70
MP1199 Pintura decorativa en construción 192
MP1198 Revestimentos lixeiros 123
MP1003 Solados, azulexados e chapados 192
Que título se obtén?

Título de Técnico en Obras de interior, decoración e rehabilitación

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Ribeira
Lugo