Folletos Web Ciclo

CSS



Aeronaves pilotadas de forma remota-Drons
Curso de Especialización - Grao Superior
Título LOOIFP
Duración: 500 horas
Que se aprende a facer?

Construír e manter aeronaves pilotadas de xeito remoto-drons ou RPAS (Remotely Piloted Aircraft System) configurados de acordo coas características de deseño e adaptados aos sectores en que vaian prestar servizos, en condicións de calidade, seguridade e respecto ambiental, conforme a documentación técnica do proxecto e aplicando a normativa.

En que ámbitos se traballa?

En empresas privadas dedicadas á construción e ao mantemento de drons ou empresas públicas e privadas de calquera sector que utilicen drons para a prestación dos seus servizos e dispoñan de persoal de mantemento, sen prexuízo da obriga de cumprir os requisitos establecidos pola normativa comunitaria e nacional, para exercer as actividades de mantedor/a e piloto de drons.

Que ocupacións se desempeñan?
Comercial de venda e asesoramento sobre drons
Construtor/a de drons
Mantedor/a reparador/a de drons
Integrador/a de sistemas en drons
Fabricante de accesorios para drons
Piloto de drons
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP5096 Aplicacións profesionais 30
MP5094 Configuración e control 90
MP5093 Electrónica e sistemas 90
MP5097 Lexislación e procedementos de aplicación 40
MP5095 Mantemento e probas 120
MP5092 Partes e compoñentes 50
MP5091 Sistemas aéreos non tripulados 80
Que título se obtén?

Máster de Formación Profesional en Aeronaves pilotadas de forma remota-Drons.

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
E Oferta ordinaria a distancia