Folletos Web Ciclo
Organizar, planificar e diagnosticar avarías, e supervisar a execución das operacións de mantemento e a súa loxística na área de vehículos híbridos e eléctricos, garantindo o cumprimento das especificacións técnicas de seguridade e de protección ambiental establecidas na normativa.
No sector da produción e o mantemento de vehículos híbridos e eléctricos, e en subsectores de automóbiles.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP5076 | Seguridade en vehículos con sistemas de alto voltaxe | 90 |
1º | MP5078 | Sistemas de alto voltaxe, almacenamento e recarga eléctrica | 160 |
1º | MP5079 | Sistemas de transmisión, freno rexenerativo e control térmico | 120 |
1º | MP5077 | Tracción eléctrica e híbrida en vehículos | 160 |
Máster de Formación Profesional en Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos.
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.