Folletos Web Ciclo

CSS



Materiais compostos na industria aeroespacial
Curso de Especialización - Grao Superior
Título LOOIFP
Duración: 600 horas
Que se aprende a facer?

Fabricar pezas e elementos de estruturas aeroespaciais, manualmente ou en cadeas de produción, así como controlar os procesos implicados, verificar os resultados obtidos, realizar o mantemento avanzado, a preparación e posta a punto da instalación, da maquinaria e dos utensilios de acordo cos protocolos de actuación, cumprindo os criterios e as normas de calidade, os plans de prevención de riscos laborais e ambientais da empresa e a normativa de aplicación.

En que ámbitos se traballa?

En pequenas e medianas empresas de natureza tanto pública como privada dedicadas á fabricación de elementos aeroespaciais con materiais compostos e á corrección de defectos, dependendo, de ser o caso, funcional e xerarquicamente de persoal superior, e podendo ter ao seu cargo persoal de nivel inferior.

Que ocupacións se desempeñan?
Operador/a organizador/a de máquina de corte de tecidos e laminados para a construción de elementos aeroespaciais
Operador/a organizador/a de máquina de encintado para a construción de elementos aeroespaciais
Plastoquímico/a laminador/a de manual para a construción de elementos aeroespaciais
Operador/a organizador/a de autoclave e estufa de polimerización de materiais compostos para elementos aeroespaciais
Operador/a organizador/a de mecanizado de pezas de materiais compostos para elementos aeroespaciais
Verificador/a de elementos aeroespaciais de materiais compostos
Organizador/a de recursos humanos e materiais
Pondo en práctica melloras continuas dos procesos mediante a dixitalización e a filosofía lean
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP5084 Fabricación automática en materiais compostos 180
MP5083 Fabricación de elementos aeroespaciais de materiais compostos por moldeo manual 180
MP5085 Polimerización e mecanizado de pezas aeroespaciais de material composto 150
MP5086 Verificación de elementos de materiais compostos 90
Que título se obtén?

Máster de Formación Profesional en Materiais compostos na industria aeroespacial.

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
E Oferta ordinaria a distancia
Lugo