Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 420 horas
Que se aprende a facer?

Auditar e asesorar no uso e no consumo de enerxía e o custo asociado en edificios, instalacións ou operacións industriais ou comerciais, e transporte vinculado á actividade ou ao servizo privado ou público, co obxectivo de identificar e informar sobre os fluxos de enerxía e o seu potencial de mellora.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan o certificado que acredita a superación deste curso de especialización poderán exercer a súa actividade na área de produción dedicada á auditoría enerxética de edificios, instalacións ou operacións industriais ou comerciais, transporte e servizos.

Que ocupacións se desempeñan?
Xestor/a de auditorías enerxéticas
Auditor/a enerxéticos/a
Técnico/a en auditorías enerxéticas en instalacións mecánicas, de climatización e de calefacción
Técnico/a en auditorías enerxéticas en instalacións de electricidade e alumamento
Técnico/a en auditorías enerxéticas en edificios
Técnico/a en auditorías enerxéticas en instalacións térmicas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP5107 Análise da situación enerxética de edificios e instalacións 90
MP5108 Avaliación da mellora enerxética de edificios e instalacións 120
MP5105 Procesos dunha auditoría enerxética 90
MP5106 Toma de datos e medicións de consumos enerxéticos 120
Que título se obtén?

Máster de Formación Profesional en Auditoría enerxética.

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
E Oferta ordinaria a distancia