Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 300 horas
Que se aprende a facer?

implementar e manter a infraestrutura das redes 5 G e os equipos de interconexión que residen nos centros de datos aplicando a normativa e regulamentación vixente, os protocolos de calidade, privacidade, seguridade dixital e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e respecto ao medio ambiente.

En que ámbitos se traballa?

Organizacións dos sectores da Economía e a Industria dixital, cuxas actividades teñan unha tendencia á instalación e mantemento das redes 5G.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico instalador en infraestruturas de redes 5g
Técnico mantedor en infraestruturas de redes 5g
Operador en remoto de interconexións de redes 5g
Técnico instalador de dispositivos de interconexión de redes 5g
Técnico mantedor de dispositivos de interconexión de redes 5g
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP5053 Implementación de redes 5G 198
MP5054 Mantemento de infraestruturas e redes 5G 102
Que título se obtén?

Non se obtén un título, senón un certificado que acredite a superación do curso de especialización en Implementación de redes 5G

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
E Oferta ordinaria a distancia
A Coruña