Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Organizar, programar e supervisar a execución das operacións de mantemento e a súa loxística no sector de automoción, diagnosticando avarías en casos complexos, e garantindo o cumprimento das especificacións establecidas pola normativa e polo fabricante do vehículo.

En que ámbitos se traballa?

No sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas. Compañías de seguros. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos. Laboratorios de ensaios de conxuntos e subconxuntos de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e de mercadorías.

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a da área de electromecánica
Recepcionista de vehículos
Xefe/a de taller de vehículos de motor
Encargado/a de itv
Perito/a taxador/ora de vehículos
Xefe/a de servizo
Encargado/a da área de recambios
Encargado/a da área comercial de equipamentos relacionados cos vehículos
Xefe/a da área de carrozaría: chapa e pintura
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais  
MP0294 Elementos amovibles e fixos non estruturais LOOIFP
MP0179 Inglés profesional  
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I  
MP0293 Motores térmicos e os seus sistemas auxiliares  
MP0291 Sistemas eléctricos e de seguridade e confortabilidade  
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo  
MP0297 Xestión e loxística do mantemento de vehículos  
MP0300 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP0296 Estruturas do vehículo  
MP0301 Formación en centros de traballo  
MP0298 Proxecto en automoción  
MP0292 Sistemas de transmisión de forzas e trens de rodaxe  
MP0295 Tratamento e recubrimento de superficies  
MP0309 Técnicas de comunicación e de relacións  
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Automoción

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial