Folletos Web Ciclo
Desenvolver intervencións de mediación comunicativa para persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva, que sexan usuarias da lingua de signos española, ou con dificultades de comunicación, linguaxe e fala; así como programas de promoción das persoas xordas e xordocegas usuarias da lingua de signos española, e de sensibilización social, respectando a idiosincrasia das persoas usuarias.
No sector dos servizos ás persoas xordas, xordocegas, con discapacidade auditiva e con dificultades de comunicación que sexan usuarias da lingua de signos española. Estes servizos recollen os ámbitos asistenciais, educativos, sociolaborais, psicosociais e de apoio nas xestións básicas. Tamén exercen a súa actividade no sector dos servizos á comunidade, nos ám-bitos da dinamización comunitaria e na promoción de igualdade de oportunidades con estes colectivos de persoas.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1114 | Contexto da mediación comunicativa con persoas xordocegas | LOOIFP |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1113 | Intervención socioeducativa con persoas xordocegas | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1115 | Lingua de signos | |
1º | MP1111 | Metodoloxía da integración social das persoas con dificultades de comunicación, linguaxe e fala | |
1º | MP1112 | Sensibilización social e participación | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP1118 | Técnicas de intervención comunicativa | |
2º | MP1121 | Empresa e iniciativa emprendedora | LOE |
2º | MP1122 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0017 | Habilidades sociais | |
2º | MP1117 | Intervención con persoas con dificultades de comunicación | |
2º | MP0020 | Primeiros auxilios | |
2º | MP1119 | Proxecto de mediación en comunicación | |
2º | MP0343 | Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación | |
2º | MP1116 | Ámbitos de aplicación da lingua de signos |
Título de Técnico superior en Mediación comunicativa
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.