Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Programar, organizar, pór en práctica e avaliar as intervencións de integración social aplicando estratexias e técnicas específicas, promovendo a igualdade de oportunidades, con actitude de respecto cara ás persoas destinatarias e garantindo a creación de ámbitos seguros, tanto para profesionais como para as persoas des-tinatarias.

En que ámbitos se traballa?

No sector dos servizos ás persoas (de tipo asistencial, educativo, de apoio na xestión doméstica e psicosocial) e no de servizos á comunidade (atención psicosocial a colectivos e persoas en desvantaxe social, mediación comunitaria, inserción ocupacional e laboral, promoción de igualdade de oportunidades e defensa dos dereitos das vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e as súas fillas).

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a de programas de prevención e inserción social
Educador/ora de equipos residenciais de diverso tipo
Educador/ora de persoas con discapacidade
Traballador/ora familiar
Educador/ora de educación familiar
Auxiliar de tutela
Monitor/ora de centros abertos
Técnico/a de integración social
Especialista de apoio educativo
Educador/ora de educación especial
Técnico/a educador/a
Técnico/a especialista de integración social
Técnico/a especialista educativo
Monitor/ora de persoas con discapacidade
Técnico/a de mobilidade básica
Técnico/a de inserción ocupacional
Mediador/ora ocupacional e/ou laboral
Dinamizador/ora ocupacional e/ou laboral
Educador/ora de base
Mediador/ora comunitario/a
Mediador/ora intercultural
Mediador/ora veciñal e comunitario/a
Preparador/ora laboral
Técnico/a de emprego con apoio
Técnico/a de acompañamento laboral
Monitor/ora de rehabilitación psicosocial
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0339 Atención ás unidades de convivencia LOOIFP
MP0337 Contexto da intervención social
MP0179 Inglés profesional
MP0338 Inserción sociolaboral
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0344 Metodoloxía da intervención social
MP0342 Promoción da autonomía persoal
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0341 Apoio á intervención educativa LOE
MP0347 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0348 Formación en centros de traballo
MP0017 Habilidades sociais
MP0340 Mediación comunitaria
MP0020 Primeiros auxilios
MP0345 Proxecto de integración social
MP0343 Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Integración social

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial