Folletos Web Ciclo
Deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, consonte a proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.
No sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0015 | Desenvolvemento cognitivo e motor | LOOIFP |
1º | MP0011 | Didáctica da educación infantil | |
1º | MP0014 | Expresión e comunicación | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0013 | O xogo infantil e a súa metodoloxía | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP0012 | Autonomía persoal e saúde infantil | LOE |
2º | MP0016 | Desenvolvemento socioafectivo | |
2º | MP0022 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0023 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0017 | Habilidades sociais | |
2º | MP0018 | Intervención con familias e atención a menores en risco social | |
2º | MP0020 | Primeiros auxilios | |
2º | MP0019 | Proxecto de atención á infancia |
Título de Técnico superior en Educación infantil
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.