Folletos Web Ciclo
Procesar mostras histolóxicas e citolóxicas, seleccionar e facer a aproximación diagnóstica de citoloxías xinecolóxicas e xerais, e colaborar na realización de necropsias clínicas e forenses, de maneira que sirvan como soporte ao diagnóstico clínico ou médico-legal, organizando e programando o traballo, e cumprindo criterios de calidade do servizo e de optimización de recursos, baixo a supervisión facultativa correspondente.
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros de investigación. Ademais, realizan o seu traballo baixo a supervisión do/da facultativo/a correspondente.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1369 | Bioloxía molecular e citoxenética | LOOIFP |
1º | MP1370 | Fisiopatoloxía xeral | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP1368 | Técnicas xerais de laboratorio | |
1º | MP1367 | Xestión de mostras biolóxicas | |
2º | MP1382 | Citoloxía xeral | LOE |
2º | MP1381 | Citoloxía xinecolóxica | |
2º | MP1385 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP1386 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP1379 | Necropsias | |
2º | MP1380 | Procesamento citolóxico e tisular | |
2º | MP1383 | Proxecto de anatomía patolóxica e citodiagnóstico |
Título de Técnico superior en Anatomía patolóxica e citodiagnóstico
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.