Folletos Web Ciclo
Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas, seguindo os protocolos normalizados de traballo, aplicando as normas de calidade, seguridade e ambientais establecidas, e valorando os resultados técnicos, para que sirvan como soporte á prevención, ao diagnóstico, ao control da evolución e ao tratamento da doenza, así como á investigación, seguindo os protocolos establecidos na unidade asistencial.
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, na área do laboratorio de análises clínicas, así como no diagnóstico, no tratamento, na xestión e na investigación. Actúan como traballadores/as dependentes en organismos ou institucións pequenos, medianos ou grandes. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1369 | Bioloxía molecular e citoxenética | LOOIFP |
1º | MP1370 | Fisiopatoloxía xeral | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP1368 | Técnicas xerais de laboratorio | |
1º | MP1367 | Xestión de mostras biolóxicas | |
2º | MP1371 | Análise bioquímica | LOE |
2º | MP1377 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP1378 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP1373 | Microbioloxía clínica | |
2º | MP1375 | Proxecto de laboratorio clínico e biomédico | |
2º | MP1374 | Técnicas de análise hematolóxica | |
2º | MP1372 | Técnicas de inmunodiagnóstico |
Título de Técnico superior en Laboratorio clínico e biomédico
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.