Folletos Web Ciclo
Deseñar mobles e elementos de carpintaría, xestionar a súa produción e a súa instalación, e participar no mantemento dos sistemas de calidade, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
No sector da produción e a instalación de carpintaría e moble, en pequenas, medianas egrandes empresas, por conta allea ou por conta propia, desenvolvendo funcións de deseño técnico, supervisión da produción, fabricación automatizada, execución de proxectos de amoblamento e montaxe de instalacións.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0987 | Automatización en carpintaría e moble | LOOIFP |
1º | MP0983 | Fabricación en carpintaría e moble | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0982 | Procesos en industrias de carpintaría e moble | |
1º | MP0984 | Representación en carpintaría e moblaxe | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0990 | Xestión da produción en carpintaría e moble | |
2º | MP0986 | Desenvolvemento de produto en carpintaría e moble | LOE |
2º | MP0989 | Deseño de carpintaría e moble | |
2º | MP0993 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0994 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0988 | Instalacións de carpintaría e moblaxe | |
2º | MP0985 | Prototipos en carpintaría e moble | |
2º | MP0991 | Proxecto de deseño e amoblamento |
Título de Técnico superior en Deseño e amoblamento
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.