Folletos Web Ciclo

CSS



Animacións 3D, xogos e contornos interactivos
Ciclo formativo de grao Superior
Título LOOIFP/LOE
Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Xerar animacións 2D e 3D para producións audiovisuais e desenvolver produtos audiovisuais multimedia interactivos, integrando os elementos e as fontes que interveñen na súa creación, tendo en conta as súas relacións, as dependencias e os criterios de interactividade, a partir de parámetros previamente definidos.

En que ámbitos se traballa?

Sector da produción audiovisual (cine, televisión e vídeo), da animación 2D e 3D, de multimedia interactiva e non interactiva, así como en publicidade e empresas relacionadas con internet e os novos medios.

Que ocupacións se desempeñan?
Animador/ora 3d
Animador/ora 2d
Intercalador/ora
Modelador/ora 3d
Grafista dixital
Xerador/ora de espazos virtuais
Técnico/a de efectos especiais 3d
Integrador/ora multimedia audiovisual
Desenvolvedor/ora de aplicacións e produtos audiovisuais multimedia
Editor/ora de contidos audiovisuais multimedia interactivos e non interactivos
Técnico/a en sistemas e realización en multimedia
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP1087 Animación de elementos 2D e 3D LOOIFP
MP1086 Deseño, debuxo e modelaxe para animación
MP0179 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1085 Proxectos de animación audiovisual 2D e 3D
MP1090 Realización de proxectos multimedia interactivos
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP1088 Cor, iluminación e acabamentos 2D e 3D LOE
MP1091 Desenvolvemento de contornos interactivos multidispositivo
MP1095 Empresa e iniciativa emprendedora
MP1092 Formación en centros de traballo
MP1093 Proxecto de animacións 3D, xogos e contornos interactivos
MP1089 Proxectos de xogos e contornos interactivos
MP0907 Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Animacións 3D, xogos e contornos interactivos

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Coruña, A