Folletos Web Ciclo
Planificar, xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento das instalacións térmicas e de fluídos en edificios e procesos industriais, de acordo cos regulamentos e as normas establecidas, e seguindo os protocolos de calidade, seguridade, prevención de riscos laborais e respecto ambiental.
Nas industrias de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores de climatización (calefacción, refrixeración e ventilación) e produción de auga quente sanitaria, no sector industrial e no sector de edificación e obra civil.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0124 | Enerxías renovables e eficiencia enerxética | LOOIFP |
1º | MP0121 | Equipamentos e instalacións térmicas | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0122 | Procesos de montaxe de instalacións | |
1º | MP0123 | Representación gráfica de instalacións | |
1º | MP0120 | Sistemas eléctricos e automáticos | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP0134 | Configuración de instalacións térmicas e de fluídos | LOE |
2º | MP0139 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0140 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0136 | Mantemento de instalacións caloríficas e de fluídos | |
2º | MP0135 | Mantemento de instalacións frigoríficas e de climatización | |
2º | MP0137 | Proxecto de mantemento de instalacións térmicas e de fluídos | |
2º | MP0133 | Xestión da montaxe, da calidade e o mantemento |
Título de Técnico superior en Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.