Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Programar e realizar viaxes combinadas e calquera tipo de eventos, e vender servizos turísticos en axencias de viaxes e a través doutras unidades de distribución, propondo ac-cións para o desenvolvemento dos seus programas de márketing e asegurando a satisfacción da clientela.

En que ámbitos se traballa?

No sector turístico, no subsector das axencias de viaxes polo miúdo, por xunto e mixtas, así como nas axencias especializadas en recepción e eventos. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan a súa propia axencia de viaxes ou eventos, ou por conta allea que exercen a súa actividade profesional como empregados/as ou xefes/as de oficina ou de departamento, nas áreas funcionais de administración, de reservas, de produto, e de venda de servizos e produtos turísticos e eventos.

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de oficina de axencia de viaxes
Xefe/a de departamento en axencia de viaxes
Axente de viaxes
Consultor/ora de viaxes
Organizador/ora de eventos
Vendedor/ora de servizos de viaxe e viaxes programadas
Promotor/ora comercial de viaxes e servizos turísticos
Empregado/a do departamento de reservas (“booking”)
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0383 Destinos turísticos LOOIFP
MP0171 Estrutura do mercado turístico
MP0179 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0173 Márketing turístico
MP0384 Recursos turísticos
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0399 Dirección de entidades de intermediación turística LOE
MP0402 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0403 Formación en centros de traballo
MP0172 Protocolo e relacións públicas
MP0400 Proxecto de axencias de viaxes e xestión de eventos
MP0180 Segunda lingua estranxeira
MP0398 Venda de servizos turísticos
MP0397 Xestión de produtos turísticos
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Axencias de viaxes e xestión de eventos

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial