Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver proxectos e en xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento de instalacións electrotécnicas no ámbito do regulamento electrotécnico para baixa tensión (REBT). Tamén consiste en supervisar o mantemento de instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións, a partir da documentación técnica, especificacións, normativa e procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade, e a conservación ambiental.
Este profesional exerce a súa actividade en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, á xestión e á supervisión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas no ámbito de edificios e con fins especiais, á instalación de sistemas domóticos e inmóticos, a infraestruturas de telecomunicación en edificios, a redes eléctricas de baixa e a sistemas automatizados, tanto por conta propia como por conta allea.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0179 | Inglés profesional | LOOIFP |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0517 | Procesos en instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións | |
1º | MP0520 | Sistemas e circuítos eléctricos | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0521 | Técnicas e procesos en instalacións domóticas e automáticas | |
1º | MP0518 | Técnicas e procesos en instalacións eléctricas | |
2º | MP0523 | Configuración de instalacións domóticas e automáticas | LOE |
2º | MP0524 | Configuración de instalacións eléctricas | |
2º | MP0522 | Desenvolvemento de redes eléctricas e centros de transformación | |
2º | MP0519 | Documentación técnica en instalacións eléctricas | |
2º | MP0528 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0529 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0526 | Proxecto de sistemas electrotécnicos e automatizados | |
2º | MP0602 | Xestión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas |
Título de Técnico superior en Sistemas electrotécnicos e automatizados
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.