Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en definir e efectuar o seguimento das políticas de márketing baseadas en estudos comerciais, e en promocionar e publicitar os produtos e/ou servizos nos medios e nos soportes de comunicación axeitados, elaborando os materiais publipromocionais necesarios.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas públicas e privadas de calquera sector produtivo, nomeadamente no sector do comercio e márketing, realizando funcións de planificación, organización e xestión de actividades de márketing, investigación comercial, publicidade e relacións públicas. Trátase de persoas por conta propia que xestionan a súa empresa realizando actividades de comunicación e de publicidade e eventos, ou de traballadores e traballadoras por conta allea que exercen a súa actividade nos departamentos de márketing, comunicación e gabinetes de prensa e comunicación de calquera empresa ou organización, no ámbito público e privado.

Que ocupacións se desempeñan?
Asistente do xefe de produto
Técnico de márketing
Técnico en publicidade
Técnico en relacións públicas
Organizador de eventos de márketing e comunicación
Auxiliar de medios en empresas de publicidade
Controlador de cursaxe ou emisión en medios de comunicación
Técnico en estudos de mercado e opinión pública
Técnico en traballos de campo
Inspector de persoal enquisador
Axente de enquisas e censos
Codificador de datos para as investigacións de mercados
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0179 Inglés profesional LOOIFP
MP1010 Investigación comercial
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0931 Márketing dixital
MP0930 Políticas de márketing
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0623 Xestión económica e financeira da empresa
MP1110 Atención á clientela e ás persoas consumidoras e usuarias LOE
MP1007 Deseño e elaboración de material de comunicación
MP1013 Formación en centros de traballo
MP1109 Lanzamento de produtos e servizos
MP1008 Medios e soportes de comunicación
MP1012 Proxecto de márketing e publicidade
MP1009 Relacións públicas e organización de eventos de márketing
MP1011 Traballo de campo na investigación comercial
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Márketing e publicidade

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial