Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Deseñar e desenvolver proxectos gráficos, elaborar orzamentos, xestionar e supervisar a produción, e controlar o almacén de materiais e a expedición do produto á clientela, aplicando a normativa vixente e os protocolos de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais, e asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.

En que ámbitos se traballa?

Empresas de artes gráficas, en empresas de servizos gráficos integrais, en editoriais, na prensa diaria ou periódica, e en empresas dedicadas á produción de envases, embalaxes e packaging.

Que ocupacións se desempeñan?
Deseñador/ora gráfico/a
Técnico/a en preimpresión
Técnico/a en impresión
Técnico/a de encadernación industrial
Técnico/a en procesos de transformacións de papel
Cartón e outros soportes gráficos
Verificador/ora de produtos acabados de papel e cartón
Técnico/a en xestión de cor en industrias gráficas
Axudante de produción en industrias gráficas
Orzador/a de industrias gráficas
Técnico/a de oficina técnica en industrias gráficas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP1480 Comercialización de produtos gráficos e atención á clientela LOOIFP
MP1479 Deseño de produtos gráficos
MP0179 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1417 Materiais de produción gráfica
MP1478 Organización dos procesos de preimpresión dixital
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP1544 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP1545 Formación en centros de traballo
MP1540 Organización dos procesos de impresión gráfica
MP1541 Organización dos procesos de postimpresión, transformacións e acabamentos
MP1542 Proxecto de deseño e xestión da produción gráfica
MP1539 Xestión da cor
MP1538 Xestión da produción na industria gráfica
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Deseño e xestión da produción gráfica

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Coruña, A
Pontevedra
Pontevedra