Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar as operación de reparación, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de carrozaría, bastidor, cabina e equipamentos ou apeiros, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Nas industrias de construción e mantemento de vehículos, na área de carrozaría, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas, e ferrocarrís, así como noutros sectores produtivos onde se realicen traballos de chapa, transformacións e adaptacións de carrozarías, adaptacións e montaxe de equipamentos de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e da construción, en vehículos pesados, e na construción e reparación de elementos de fibra, compostos e pintura.

Que ocupacións se desempeñan?
Chapista reparador/ora de carrozaría de automóbiles
Chapista reparador/ora de carrozaría de tractores
Chapista reparador/ora de carrozaría de maquinaria agrícola
Chapista reparador/ora de carrozaría de vehículos de industrias extractivas
Chapista reparador/ora de carrozaría de vehículos de construción e obras públicas
Chapista reparador/ora de material ferroviario
Instalador/ora de cristais e montador/ora de accesorios
Pintor/ora reparador/ora de carrozaría de automóbiles
Pintor/ora reparador/ora de carrozaría de tractores
Pintor/ora reparador/ora de carrozaría de maquinaria agrícola
Pintor/ora reparador/ora de carrozaría de vehículos de industrias extractivas
Pintor/ora reparador/ora de carrozaría de vehículos de construción e obras públicas
Pintor/ora reparador/ora de material ferroviario
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0254 Elementos amovibles LOOIFP
MP0256 Elementos fixos
MP0255 Elementos metálicos e sintéticos
MP0156 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0260 Mecanizado básico
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0258 Elementos estruturais do vehículo LOE
MP0259 Embelecemento de superficies
MP0262 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0263 Formación en centros de traballo
MP0257 Preparación de superficies
Que título se obtén?

Título de Técnico en Carrozaría

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial