Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Executar as actividades de traslado do paciente ao centro sanitario, prestar atención básica sanitaria e psicolóxica no contorno prehospitalario, levar a cabo actividades de teleoperación e teleasistencia sanitaria, e colaborar na organización e no desenvolvemento dos plans de emerxencia, dos dispositivos de risco previsibles e da loxística sanitaria ante unha emerxencia individual ou colectiva, ou unha catástrofe.

En que ámbitos se traballa?

No sector sanitario público ou privado relacionado co traslado de pacientes ou vítimas, e a prestación de atención sanitaria e psicolóxica inicial, coa colaboración na preparación e no desenvolvemento da loxística sanitaria ante emerxencias colectivas ou catástrofes, así como participando na preparación de plans de emerxencia e dispositivos de risco previsible do ámbito da protección civil.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en transporte sanitario
Técnico/a de emerxencias sanitarias
Operador/a de teleasistencia
Operador/a de centros de coordinación de urxencias e emerxencias
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0061 Anatomofisioloxía e patoloxía básicas LOOIFP
MP0058 Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia
MP0055 Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia
MP0054 Dotación sanitaria
MP0156 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0053 Loxística sanitaria en emerxencias
MP0052 Mantemento mecánico preventivo do vehículo
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0060 Teleemerxencias
MP0056 Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia LOE
MP0063 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0057 Evacuación e traslado de pacientes
MP0064 Formación en centros de traballo
MP0059 Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles
Que título se obtén?

Título de Técnico en Emerxencias sanitarias

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña