Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Montar e manter maquinaria e equipamento industrial e liñas automatizadas de produción, de acordo coas normas e os regulamentos establecidos, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais e respecto polo ambiente.

En que ámbitos se traballa?

En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.

Que ocupacións se desempeñan?
Mecánico/a de mantemento
Montador/ora industrial
Montador/ora de equipamentos eléctricos
Montador/ora de equipamentos electrónicos
Mantedor/ora de liña automatizada
Montador/ora de bens de equipamento
Montador/ora de automatismos pneumáticos e hidráulicos
Instalador/ora electricista industrial
Electricista de mantemento e reparación de equipamentos de control, medida e precisión
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0952 Automatismos pneumáticos e hidráulicos LOOIFP
MP0951 Electricidade e automatismos eléctricos
MP0156 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0949 Técnicas de fabricación
MP0950 Técnicas de unión e montaxe
MP0957 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP0958 Formación en centros de traballo
MP0955 Montaxe e mantemento de liñas automatizadas
MP0954 Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico
MP0953 Montaxe e mantemento mecánico
Que título se obtén?

Título de Técnico en Mantemento electromecánico

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial