Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en montar e manter instalacións caloríficas, solares térmicas e de fluídos aplicando a normativa e protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais establecidos, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.
Este profesional exerce a súa actividade nas industrias de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores de calefacción, instalacións solares térmicas para a produción de auga quente sanitaria e gases no sector industrial e no sector de edificación e obra civil.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0266 | Configuración de instalacións caloríficas | LOOIFP |
1º | MP0156 | Inglés profesional | |
1º | MP0038 | Instalacións eléctricas e automatismos | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0036 | Máquinas e equipamentos térmicos | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0037 | Técnicas de montaxe de instalacións | |
2º | MP0395 | Empresa e iniciativa emprendedora | LOE |
2º | MP0396 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0302 | Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas | |
2º | MP0310 | Montaxe e mantemento de instalacións de auga | |
2º | MP0392 | Montaxe e mantemento de instalacións de enerxía solar | |
2º | MP0393 | Montaxe e mantemento de instalacións de gas e combustibles líquidos |
Título de Técnico en Instalacións de produción de calor
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.